mirror of
				https://github.com/vim/vim.git
				synced 2025-10-30 09:47:20 -04:00 
			
		
		
		
	
		
			
	
	
		
			1050 lines
		
	
	
		
			37 KiB
		
	
	
	
		
			Plaintext
		
	
	
	
	
	
		
		
			
		
	
	
			1050 lines
		
	
	
		
			37 KiB
		
	
	
	
		
			Plaintext
		
	
	
	
	
	
|   | 
 | ||
|  | =============================================================================== | ||
|  | =     B e n v i d o   a o   t u t o r   d o   V I M      -    Versión 1.7     = | ||
|  | =============================================================================== | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |      Vim é un editor moi potente que dispón de moitos comandos, demasiados | ||
|  |      para ser explicados nun tutor coma este. Este tutor está deseñado | ||
|  |      para describir comandos dabondo para que vostede sexa capaz de | ||
|  |      aprender fácilmente a usa-lo Vim como un editor de propósito xeral. | ||
|  | 
 | ||
|  |      O tempo necesario para completa-lo tutor é aproximadamente de 30 | ||
|  |      minutos, dependendo de canto tempo se adique á experimentación.       | ||
|  | 
 | ||
|  |      Os comandos destas leccións modificarán o texto. Faga unha copia deste | ||
|  |      ficheiro para practicar (con «vimtutor», isto xa é unha copia). | ||
|  | 
 | ||
|  |      É importante lembrar que este tutor está pensado para ensinar coa  | ||
|  |      práctica. Isto significa que cómpre executa-los comandos para  | ||
|  |      aprendelos axeitadamente. Se únicamente le o texto, esqueceránselle | ||
|  |      os comandos! | ||
|  | 
 | ||
|  |      Agora, asegúrese de que a tecla de bloqueo de maiúsculas NON está | ||
|  |      activada e prema a tecla  j  para move-lo cursor, de xeito que o texto | ||
|  |      da Lección 1.1.1 abranga completamente a pantalla. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                           LECCIÓN 1.1.1: MOVE-LO CURSOR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |  ** Para move-lo cursor, prema as teclas h,j,k,l do xeito indicado. ** | ||
|  |       ^ | ||
|  |       k       Indicación: A tecla h está á esquerda, e móveo á esquerda. | ||
|  |  < h	 l >		  A tecla l está á dereita, e móveo á dereita. | ||
|  |       j			  A tecla j semella unha frecha e apunta  | ||
|  |       v                    cara a embaixo.  | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor pola pantalla ata que sinta comodidade facendo a acción. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Manteña premida a tecla  j  ata que se repita automáticamente. | ||
|  |      Agora xa sabe como chegar á lección seguinte. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Utilizando a tecla abaixo, vaia á lección 1.1.2. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Se alguna vez non está seguro sobre algo que tecleara, prema <ESC> | ||
|  |       para situarse no modo Normal. Logo, volva a teclear a orde que desexaba. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: As teclas de movemento do cursor tamén funcionan. Pero usando hjkl | ||
|  |       poderá moverse moito máis rápido unha vez que se acostume. | ||
|  |       De verdade! | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                           LECCIÓN 1.1.2: SAÍR DO VIM | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Antes de executar algún dos seguintes pasos, lea primeiro a lección | ||
|  |       enteira!! | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Prema a tecla <ESC> (para asegurarse de que está no modo Normal). | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba:  :q! <INTRO> | ||
|  |      Isto provoca a saída do editor REXEITANDO calquer cambio que fora feito. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Regrese eiquí executando o comando que o trouxo a este tutor. | ||
|  |      Este puido ser:   vimtutor <INTRO> | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Se memorizou estes pasos, e se sinte con confianza, execute os | ||
|  |      pasos do 1 ao 3 para saír e volver a entrar ao editor.  | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: :q! <INTRO> descarta cualquer cambio que realizara. | ||
|  |       En próximas leccións, aprenderá como garda-los cambios nun arquivo. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Mova o cursor ata a Lección 1.1.3. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                      LECCIÓN 1.1.3: EDITAR TEXTO - BORRAR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  x  para elimina-lo carácter baixo o cursor. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á liña de embaixo sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Para corrixi-los erros, mova o cursor ata que estea sobre o | ||
|  |      carácter que vai ser borrado. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Prema a tecla  x  para elimina-lo carácter non desexado. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Repita os pasos 2 a 4 ata que a frase sexa a correcta. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> A vvaca saltooooou soobree aa lúúúúúúúa. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Agora que a liña está correcta, continúe coa Lección 1.1.4. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: A medida que vaia avanzando neste tutor, non tente memorizar, | ||
|  |       aprenda practicando. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                   LECCIÓN 1.1.4: EDITAR TEXTO - INSERIR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  i  para inserir texto. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á primeira liña de embaixo sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Para facer que a primeira liña sexa igual ca segunda, mova o cursor  | ||
|  |      ata que estea sobre o carácter ANTES do texto que vai ser inserido. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Prema  i  e escriba os carácteres a engadir. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. A medida que sexa corrixido cada erro, prema <ESC> para volver ao modo | ||
|  |      Normal. Repita os pasos 2 a 4 para corrixi-la frase. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Flta texto nesta . | ||
|  | ---> Falta algo de texto nesta liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Cuando se sinta con comodidade inserindo texto, pase á lección 1.1.5. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                       LECCIÓN 1.1.5: EDITAR TEXTO - ENGADIR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  A  para engadir texto. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->. | ||
|  |      Non importa sobre qué carácter estea o cursor nesta liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Prema  A  e escriba o texto necesario. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Cuando o texto estea engadido, prema <ESC> para volver ao modo Normal. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Mova o cursor á segunda liña marcada con ---> e repita os pasos 2 e 3 | ||
|  |      para corrixir esta frase. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Falta algún texto nes | ||
|  |      Falta algún texto nesta liña. | ||
|  | ---> Tamén falta alg | ||
|  |      Tamén falta algún texto eiquí. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Cuando se sinta con comodidade engadindo texto, pase á lección 1.1.6. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                       LECCIÓN 1.1.6: EDITAR UN ARQUIVO | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Use  :wq  para gardar un arquivo e saír ** | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Antes de executar os seguintes pasos, lea a lección enteira!! | ||
|  | 
 | ||
|  |   1.  Se ten acceso a outra terminal, faga os seguintes puntos nela. | ||
|  |       Se non é así, saia deste tutor como fixo na lección 1.1.2:  :q! | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. No símbolo do sistema escriba este comando:  vim arquivo.txt <INTRO> | ||
|  |      'vim' é o comando para arrincar o editor Vim, | ||
|  |      'arquivo.txt' é o nome do arquivo que quere editar. | ||
|  |      Utilice o nome dun arquivo que poida cambiar. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Insira e elimine texto como xa aprendeu nas leccións anteriores. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Garde o arquivo cos cambios e saia do Vim con:  :wq <INTRO> | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Se xa saiu do vimtutor no paso 1, reinicie vimtutor e baixe ata | ||
|  |      o seguinte resumo. | ||
|  | 
 | ||
|  |   6. Despois de le-los pasos anteriores e telos entendido: fágaos. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  | 			    RESUMO DA LECCIÓN 1.1 | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. O cursor móvese utilizando as teclas das frechas ou as teclas hjkl. | ||
|  | 	 h (esquerda)	   j (abaixo)	  k (arriba)	  l (dereita) | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Para acceder ao Vim dende o símbolo do sistema escriba: | ||
|  |      vim nome_arquivo <INTRO> | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Para saír do Vim escriba: <ESC> :q! <INTRO> para eliminar tódolos | ||
|  |      cambios. | ||
|  |      Ou escriba:  <ESC>  :wq  <INTRO> para garda-los cambios. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Para borrar un carácter baixo o cursor en modo Normal prema:  x  . | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Para inserir ou engadir texto escriba: | ||
|  |      i  escriba o texto a inserir <ESC> insire o texto antes do cursor | ||
|  |      A  escriba o texto a engadir <ESC> engade o texto ao final da liña | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Premendo <ESC> tórnase ao modo Normal ou cancélase unha orde non | ||
|  |       desexada ou incompleta. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Agora continúe coa Lección 1.2. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                     LECCIÓN 1.2.1:  COMANDOS PARA BORRAR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Escriba  dw  para borrar unha palabra ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Mova o cursor ao comezo dunha palabra que desexe borrar. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Prema  dw  para facer que a palabra desapareza. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: A letra  d  aparecerá na última liña inferior dereita da pantalla | ||
|  |       namentres a escribe. O Vim está esperando que escriba  w . | ||
|  |       Se ve outro carácter que non sexa  d  , é que escribiu algo mal. Prema  | ||
|  |       <ESC> e comece de novo. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Hai algunhas palabras pásao ben que non pertencen papel a esta frase. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a frase sexa correcta e pase á | ||
|  |      lección 1.2.2. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                     LECCIÓN 1.2.2: MÁIS COMANDOS PARA BORRAR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Escriba  d$  para borrar ata o final da liña. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Prema  <ESC>  para asegurarse de que está no modo Normal. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Mova o cursor ao final da liña correcta (DESPOIS do primeiro . ). | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Escriba  d$  para borrar ata o final da liña. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Alguén escribiu o final desta liña dúas veces. esta liña dúas veces. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Pase á lección 1.2.3 para entender qué está pasando. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                   LECCIÓN 1.2.3: SOBRE OPERADORES E MOVEMENTOS | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   Moitos comandos que cambian texto están compostos por un operador e máis | ||
|  |   un movemento. | ||
|  |   O formato para o comando 'eliminar' co operador de borrado  d  é o | ||
|  |   seguinte: | ||
|  | 
 | ||
|  |     d   movemento | ||
|  | 
 | ||
|  |   Onde: | ||
|  |     d         - é o operador para borrar. | ||
|  |     movemento - é o texto sobre o que o comando vai operar (lista inferior). | ||
|  | 
 | ||
|  |   Eiquí, unha lista resumida de movementos: | ||
|  |    w - ata o comezo da seguinte palabra, EXCLUÍNDO o seu primero carácter. | ||
|  |    e - ata o final da palabra actual, INCLUÍNDO o último carácter. | ||
|  |    $ - ata o final da liña, INCLUÍNDO o último carácter. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Polo tanto, ao escribir  de  borraráse dende a posición do cursor ata o | ||
|  |   final da palabra. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Premendo únicamente o movemento, estando no modo Normal sen un | ||
|  |       operador, moveráse o cursor como se especifica na lista anterior. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |              LECCIÓN 1.2.4: UTILIZAR UN CONTADOR PARA UN MOVEMENTO | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Ao escribir un número denantes dun movemento, repítise o movemento | ||
|  |   o número de veces. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor ao comezo da liña marcada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  2w  para mover o cursor dúas palabras cara a adiante. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Escriba  3e  para mover o cursor ao final da terceira palabra cara a | ||
|  |      adiante. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Escriba  0  (cero) para coloca-lo cursor ao inicio da liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Repita os pasos 2 e 3 con diferentes números. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Isto é só unha liña con palabras onde poder moverse. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Pase á lección 1.2.5. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |               LECCIÓN 1.2.5: UTILIZAR UN CONTADOR PARA BORRAR MÁIS | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Ao escribir un número cun operador, repítese ese número de veces. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   En combinación co operador de borrado e o movemento mencionado | ||
|  |   anteriormente, engada un contador antes do movemento para eliminar máis: | ||
|  | 	 d   número   movemento | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor ao inicio da primeira palabra en MAIÚSCULAS na liña  | ||
|  |      marcada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  d2w  para elimina-las dúas palabras en MAIÚSCULAS. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Repita os pasos 1 e 2 con diferentes contadores para elimina-las | ||
|  |      seguintes palabras en MAIÚSCULAS cun comando. | ||
|  | 
 | ||
|  | --->  Esta ABC DE cadea FGHI JK LMN OP de palabras foi Q RS TUV limpada. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                        LECCIÓN 1.2.6: OPERACIÓN EN LIÑAS | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Escriba  dd   para eliminar unha liña completa. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   Debido á frecuencia coa que se elimina unha liña completa, os deseñadores | ||
|  |   do Vim decidiron que sería máis sinxelo simplemente escribir dúas letras  | ||
|  |   d  para eliminar unha liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á segunda liña do párrafo inferior. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  dd  para elimina-la liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Agora, móvase á cuarta liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Escriba   2dd   para eliminar dúas liñas á vez. | ||
|  | 
 | ||
|  | --->  1)  As rosas son vermellas, | ||
|  | --->  2)  o barro é divertido, | ||
|  | --->  3)  a violeta é azul, | ||
|  | --->  4)  teño un coche, | ||
|  | --->  5)  os reloxos dan a hora, | ||
|  | --->  6)  o azucere é dóce | ||
|  | --->  7)  e ti tamén o es. | ||
|  | 
 | ||
|  |   A duplicación para borrar liñas tamén funcionan cos operadores | ||
|  |   mencionados anteriormente. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                        LECCIÓN 1.2.7: O COMANDO DESFACER  | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  u  para desfacer os últimos comandos, | ||
|  |             U  para desfacer unha liña enteira.       ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con ---> e sitúeo baixo o | ||
|  |      primeiro erro. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Prema  x  para borra-lo primeiro carácter non desexado. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Prema agora  u  para desface-lo último comando executado. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Agora, corrixa tódolos erros da liña usando o comando  x. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Prema agora  U  maiúsculo para devolver a liña ao seu estado orixinal. | ||
|  | 
 | ||
|  |   6. Prema agora  u  unhas poucas veces máis para desface-lo feito por  U  e | ||
|  |      mailos comandos previos. | ||
|  | 
 | ||
|  |   7. Agora, prema CTRL-R (manteña pulsada a tecla CTRL e prema R) unhas | ||
|  |      cantas veces para volver a executar os comandos (desface-lo desfeito). | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Corrrixa os erros dee esttta liña e vooolva ponelos coon desfacer. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Estes son uns comandos moi útiles. Agora, vaiamos ao resumo da lección 1.2. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  | 			    RESUMO DA LECCIÓN 1.2 | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Para borrar dende o cursor ata a seguinte palabra prema:	     dw | ||
|  |   2. Para borrar dende o cursor ata o final da palabra prema:        de | ||
|  |   3. Para borrar dende o cursor ata o final dunha liña prema:	     d$ | ||
|  |   4. Para borrar unha liña enteira prema:                            dd | ||
|  |   5. Para repetir un movemento, antepoña un número:                  2w | ||
|  |   6. O formato para un comando de cambio é: | ||
|  |                operador  [número]  movemento | ||
|  |      onde: | ||
|  |        comando    - é o que hai que facer, por exemplo,  d  para borrar | ||
|  |        [número]   - é un número opcional para repetir o movemento | ||
|  |        movemento  - móvese sobre o texto no que operar, como w (palabra), | ||
|  |                     $ (ata o final da liña), etc. | ||
|  | 
 | ||
|  |   7. Para moverse ao inicio da liña utilice un cero:    0 | ||
|  |   8. Para desfacer acciones previas prema:              u (u minúsculo) | ||
|  |      Para desfacer tódolos cambios dunha liña prema:    U (U mAIÚSCULO) | ||
|  |      Para desface-lo desfeito prema:                    CTRL-R | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                       LECCIÓN 1.3.1: O COMANDO «PUT» (PÓR) | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  p  para pór (pegar) despois do cursor o último que borrou. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  dd  para borra-la liña e almacenala nun rexistro do Vim. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Mova o cursor á liña c) por RIBA de onde debería esta-la liña  | ||
|  |      eliminada. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Prema   p   para pega-la liña borrada por BAIXO do cursor. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Repita os pasos 2 a 4 para por tódalas liñas na orde correcta. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> d) Podes aprendela ti? | ||
|  | ---> b) A violeta é azul, | ||
|  | ---> c) a intelixencia apréndese, | ||
|  | ---> a) as rosas son vermellas. | ||
|  |       | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                    LECCIÓN 1.3.2: O COMANDO «REPLACE» (TROCAR) | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  rx  para troca-lo carácter baixo o cursor con  x . ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Mova o cursor para situalo sobre o primeiro erro. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Prema   r	 e despois o carácter que debería ir aí. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Repita os pasos 2 e 3 ata que a primeira liña sexa igual á segunda. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Cande esti lita fui escrita alguér premeu alginhas teclas equibocadas! | ||
|  | ---> Cando esta liña foi escrita alguén premeu algunhas teclas equivocadas! | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Agora pase á lección 1.3.3. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Lembre que debería aprender practicando. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                          LECCIÓN 1.3.3: O COMANDO CAMBIAR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Para cambiar ata o final dunha palabra, escriba  ce . ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á primeria liña inferior marcada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Sitúe o cursor no u de lubrs. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Escriba  ce  e corrixa a palabra (neste caso, escriba 'iña'). | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Prema <ESC> e mova o cursor ao seguinte erro a cambiar. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a primeira frase sexa igual á segunda. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Esta lubrs ten unhas poucas pskavtad que corrixir co comando change. | ||
|  | ---> Esta liña ten unhas poucas palabras que corrixir co comando cambiar. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Teña en conta que  ce  elimina a palabra e entra no modo Inserir. | ||
|  |     cc  fai o mesmo para toda a liña. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                    LECCIÓN 1.3.4: MÁIS CAMBIOS USANDO  c | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** O operador cambio utilízase cos mesmos movementos que borrar. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. O operador cambio funciona do mesmo xeito que borrar. O formato é: | ||
|  | 
 | ||
|  |        c   [número]   movemento | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Os movementos son tamén os mesmos, como  w (palabra) ou  | ||
|  |   $ (fin da liña). | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Mova o cursor ao primeiro erro. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Prema  c$  e escriba o resto da liña para que sexa como a segunda, | ||
|  |      e prema <ESC>. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> O final desta liña necesita algunha axuda para que sexa como a segunda. | ||
|  | ---> O final desta liña necesita ser corrixido usando o comando  c$. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Pode utiliza-lo retorno de carro para corrixir erros mentres escribe. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  | 			    RESUMO DA LECCIÓN 1.3 | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Para volver a pór ou pega-lo texto que acaba de borrarse, | ||
|  |      escriba  p . Isto pega o texto despois do cursor (se borrou unha | ||
|  |      liña, ao pegala, esta situaráse na liña baixo do cursor). | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Para troca-lo carácter baixo do cursor, prema  r  e logo o | ||
|  |      carácter que quere que estea no seu lugar. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. O operador cambio permítelle cambiar dende a posición do cursor | ||
|  |      ata onde leve o movemento indicado. Por exemplo, prema  ce | ||
|  |      para cambiar dende o cursor ata o final da palabra, ou  c$ | ||
|  |      para cambiar ata o final da liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. O formato para cambio é: | ||
|  | 
 | ||
|  | 	 c   [número]   movemento | ||
|  | 
 | ||
|  |   Pase agora á lección seguinte. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |             LECCIÓN 1.4.1: UBICACIÓN DO CURSOR E ESTADO DO ARQUIVO | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema CTRL-G para mostra-la súa situación no ficheiro e mailo estado. | ||
|  |      Prema G para moverse a unha determinada liña do fichero. ** | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Lea esta lección enteira antes de executar calquera dos pasos!! | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Manteña premida a tecla Ctrl e prema  g . Chamamos a isto CTRL-G. | ||
|  |      Aparecerá unha mensaxe na parte inferior da páxina co nome do arquivo | ||
|  |      e a posición do cursor no arquivo.  | ||
|  |      Lembre o número de liña para o paso 3. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Seica poida ve-la posición do cursor no recanto inferior da dereita | ||
|  |       da pantalla. Isto acontece cando a opción 'ruler' (regra) está | ||
|  |       habilitada (consulte  :help 'ruler' ) | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Prema  G  para move-lo cursor ata a parte inferior do arquivo. | ||
|  |      Prema  gg  para move-lo cursor ao inicio do arquivo. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Escriba o número da liña na que estaba e despois  G . Isto | ||
|  |      tornaráo á liña na que estaba cuando pulsou CTRL-G. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Se se atopa con seguridade para poder facer isto,  | ||
|  |      execute os pasos 1 a 3. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                      LECCIÓN 1.4.2: O COMANDO «SEARCH» (BUSCAR) | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Escriba  /  seguido dun texto para busca-lo texto. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. En modo Normal, prema o carácter  / . Fíxese que tanto o carácter  / | ||
|  |      como o cursor aparecen na derradeira liña da pantalla, o mesmo que | ||
|  |      o comando  : . | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba agora   errroor   <INTRO>. Esta é a palabra que quere buscar. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Para repeti-la busca do mesmo texto outra vez, simplemente prema  n . | ||
|  |      Para busca-lo mesmo texto na dirección oposta, prema  N . | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Se quere buscar un texto na dirección oposta (cara a enriba), | ||
|  |      utilice o comando  ?  en troques de  / . | ||
|  |    | ||
|  |   5. Para regresar ao lugar de onde procedía, prema  CTRL-O  (manteña pulsado | ||
|  |      Ctrl mentres pulsa a tecla  o). Repita o proceso para voltar máis atrás. | ||
|  |      CTRL-I vai cara a adiante. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> "errroor" non é o xeito correcto de escribir erro; errroor é un erro. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Cando a busca chega ao final do arquivo, continuará dende o comezo, | ||
|  |       agás que a opción 'wrapscan' estea desactivada. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                   LECCIÓN 1.4.3: BUSCA PARA COMPROBAR PARÉNTESES | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  %  para atopa-la paréntese correspondente a ),] ou } . ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Sitúe o cursor en cualquera dos carácteres (, [ o { na liña inferior | ||
|  |      sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Prema agora o carácter  %  . | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. O cursor moveráse á parella de peche da paréntese, corchete | ||
|  |      ou chave correspondente. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Prema  %  para move-lo cursor ata a outra parella do carácter. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Mova o cursor a outra (,),[,],{ o } e vexa o que fai % . | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Isto ( é unha liña de proba con (, [, ], {, e } nela. )) | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Isto é moi útil na detección de erros nun programa con parénteses, | ||
|  |      corchetes ou chaves sen parella. | ||
|  |        | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                         LECCIÓN 1.4.4: O COMANDO SUBSTITUÍR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Escriba  :s/vello/novo/g  para substituír 'vello' por 'novo'. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  :s/aas/as/  <INTRO> . Teña en conta que este comando cambia | ||
|  |      só o primeiro achado -na liña- da expresión que quere cambiar. | ||
|  |    | ||
|  |   3. Agora escriba  :s/aas/a/g . Ao engadir a opción  g  , o Vim fará | ||
|  |      a substitución global na liña, cambiando tódo-los achados | ||
|  |      do termo "aas" na liña. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Coido que aas mellores épocas para aas frores son aas primaveras. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Para cambiar cada achado da cadea de carácteres entre dúas liñas: | ||
|  |   Escriba  :#,#s/vello/novo/g   onde #,# son os números de liña do rango | ||
|  |                                 de liñas onde se realizará a substitución. | ||
|  |   Escriba  :%s/vello/novo/g     para cambiar cada achado en todo o arquivo. | ||
|  |   Escriba  :%s/vello/novo/gc    para atopar cada achado en todo o arquivo, | ||
|  |                                 pedindo confirmación para face-la | ||
|  |                                 substitución ou non. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                              RESUMO DA LECCIÓN 1.4 | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. CTRL-G  mostra a posición do cursor no ficheiro e mailo seu estado. | ||
|  |              G  move o cursor ao final do arquivo. | ||
|  |      número  G  move o cursor a ese número de liña. | ||
|  |             gg  move o cursor á primeira liña do arquivo. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escribindo  /  seguido dun texto busca o texto cara a ADIANTE. | ||
|  |      Escribindo  ?  seguido dun texto busca o texto cara a ATRÁS. | ||
|  |      Despois dunha busca, prema  n  para atopar o achado. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Premendo  %  cando o cursor está sobre (,), [,], { o } localiza | ||
|  |      a parella correspondente. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Para cambiar vello por novo no primeiro achado dunha liña escriba | ||
|  |                                                           :s/vello/novo | ||
|  |    Para cambiar tódo-los vello por novo nunha liña escriba  | ||
|  |                                                           :s/vello/novo/g | ||
|  |    Para cambiar texto entre dous números de liña escriba | ||
|  |                                                           :#,#s/vello/novo/g | ||
|  |    Para cambiar vello por novo en todo o fichero escriba | ||
|  |                                                           :%s/vello/novo/g | ||
|  |    Para pedir confirmación en cada caso engada  'c' | ||
|  |                                                           :%s/vello/novo/gc | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                 LECCIÓN 1.5.1: CÓMO EXECUTAR UN COMANDO EXTERNO | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Escriba  :!  seguido dun comando externo para executar ese comando. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Escriba o conocido comando  :  para situar o cursor ao final da | ||
|  |      pantalla. Isto permitirálle introducir un comando. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Agora escriba o carácter  !  (signo de admiración). Isto permitirálle | ||
|  |      executar calquer mandato do sistema. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Como exemplo escriba  ls  despois do ! e logo prema <INTRO>. Isto | ||
|  |      mostrarálle unha lista do seu directorio, igual que se estiviese no  | ||
|  |      símbolo do sistema. Se  ls  non funciona, utilice	:!dir . | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Deste xeito é posible executar cualquer comando externo, | ||
|  |       tamén incluíndo argumentos. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Tódolos comandos  :  deben finalizarse premendo <INTRO>. | ||
|  |       De agora en diante, non sempre se mencionará. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                   LECCIÓN 1.5.2: MÁIS SOBRE GARDAR FICHEIROS | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Para garda-los cambios feitos nun ficheiro, | ||
|  | 	escriba  :w NOME_DE_FICHEIRO ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Escriba  :!dir  ou  :!ls  para ver unha lista dos arquivos  | ||
|  |      do seu directorio. | ||
|  |      Xa sabe que debe pulsar <INTRO> despois. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Elixa un nome de ficheiro que todavía non exista, como TEST. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Agora escriba  :w TEST  (onde TEST é o nome de ficheiro elixido). | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Esta acción garda todo o ficheiro  (Vim Tutor)  baixo o nome TEST. | ||
|  |      Para comprobalo, escriba  :!dir  ou  :!ls  de novo e vexa | ||
|  |      o seu directorio. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Se saíra do Vim e volvera a entrar de novo con  vim TEST , o | ||
|  |       arquivo sería unha copia exacta do tutorial cuando o guardou. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Agora, elimine o arquivo escribindo (Windows):  :!del TEST | ||
|  |                                          ou (Unix):  :!rm TEST | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                    LECCIÓN 1.5.3: SELECCIONAR TEXTO PARA GARDAR | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Para gardar parte do arquivo, escriba  v  movemento  :w arquivo ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor a esta liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Prema  v  e mova o cursor ata o quinto elemento inferior. Vexa que | ||
|  |      o texto é salientado. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Prema o carácter  :  Na parte inferior da pantalla aparecerá | ||
|  |      :'<,'> | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Prema  w TEST  , onde TEST é un nome de arquivo que aínda non existe. | ||
|  |      Verifique que ve  :'<,'>w TEST  antes de premer <INTRO>. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Vim escribirá as liñas seleccionadas no arquivo TEST. Utilice | ||
|  |      :!dir  o  :!ls  para velo. Non o elimine todavía! Utilizarémolo | ||
|  |      na seguinte lección. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Ao pulsar  v  iniciá a selección visual. Pode move-lo cursor para | ||
|  |       face-la selección máis grande ou pequena. Despois, pode utilizar un | ||
|  |       operador para facer algo co texto. Por exemplo,  d  eliminará | ||
|  |       o texto seleccionado. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                  LECCIÓN 1.5.4: RECUPERANDO E MESTURANDO FICHEIROS | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Para inseri-lo contido dun ficheiro escriba  :r NOME_DO_FICHEIRO ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Sitúe o cursor xusto por riba desta liña. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Despois de executar o paso 2 verá o texto da lección 1.5.3. Despois | ||
|  |       DESCENDA ata ver de novo esta lección. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Agora recupere o arquivo TEST utilizando o comando  :r TEST  , onde | ||
|  |      TEST é o nome que ven de utilizar. | ||
|  |      O arquivo que recuperou colocaráse embaixo da liña onde se atope | ||
|  |      o cursor. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Para verificar que se recuperou o arquivo, suba o cursor e  | ||
|  |      comprobe que agora hai dúas copias da lección 1.5.3, a orixinal e | ||
|  |      maila versión do arquivo. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Tamén pode le-la saída dun comando externo. Por exemplo, | ||
|  |         :r !ls  le a saída do comando ls e pégao baixo da liña | ||
|  |       onde se atopa o cursor. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                            RESUMO DA LECCIÓN 1.5 | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. :!comando  executa un comando externo. | ||
|  |      Alguns exemplos útiles son: | ||
|  |      (Windows)     (Unix) | ||
|  | 	  :!dir          :!ls           -  mostra o contido dun directorio. | ||
|  | 	  :!del arquivo  :!rm arquivo   -  borra o ficheiro arquivo. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. :w arquivo escribe o arquivo actual no disco co nome de arquivo. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. v movemento  :w arquivo  guarda as liñas seleccionadas visualmente | ||
|  |      no arquivo arquivo. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. :r arquivo  recupera do disco o arquivo arquivo e pégao embaixo | ||
|  |      da posición do cursor. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. :r !dir  le a saída do comando dir e pégao embaixo da | ||
|  |      posición do cursor. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                       LECCIÓN 1.6.1: O COMANDO «OPEN» (ABRIR) | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  o  para abrir unha liña embaixo do cursor | ||
|  |   e situarse no modo inserir ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Prema a letra minúscula  o  para abrir unha liña por EMBAIXO do cursor | ||
|  |      e situarse en modo Inserir. | ||
|  |    | ||
|  |   3. Agora, escriba algún texto, e despois prema <ESC> para saír do modo | ||
|  |      Inserir. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Despois de pulsar  o  , o cursor sitúase na liña aberta en modo Inserir. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Para abrir unha liña por RIBA do cursor, simplemente prema un O | ||
|  |      MAIÚSCULO, en troques dun o minúsculo. Probe isto na liña seguinte. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Abra unha liña sobre esta, pulsando O cuando o cursor estea nesta liña. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                 LECCIÓN 1.6.2: O COMANDO «APPEND» (ENGADIR) | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema  a  para inserir texto despois do cursor. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor ao inicio da primeira liña inferior sinalada con --->. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  e  ata que o cursor estea ao final de  li . | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Escriba un  a  (minúsculo) para engadir texto despois do cursor. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Complete a palabra coma na liña inferior. Prema <ESC> para saír | ||
|  |      do modo Inserir. | ||
|  |    | ||
|  |   5. Utilice  e  para moverse ata a seguinte palabra incompleta e  | ||
|  |      repita os pasos 3 e 4. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Esta li permit practi cómo enga texto a unha | ||
|  | ---> Esta liña permitirálle practicar cómo engadir texto a unha liña. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: a, i e A  entran no modo Inserir; a única diferencia é | ||
|  |       onde se colocan os carácteres inseridos. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |               LECCIÓN 1.6.3: OUTRA VERSIÓN DE «REPLACE» (SUBSTITUÍR) | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Prema un  R  MAIÚSCULO para substituír máis dun carácter. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->. | ||
|  |      Mova o cursor ao inicio da primeira  xxx . | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Agora prema  R   e escriba o número que aparece na liña inferior. | ||
|  |      Isto substituirá o texto  xxx . | ||
|  |    | ||
|  |   3. Prema <ESC> para abandoa-lo modo Substituír. | ||
|  |      Observe que o resto da liña fica sen modificacions. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Repita os pasos para substituí-lo texto  xxx  que queda. | ||
|  | 
 | ||
|  | ---> Sumar 123 a xxx da un resultado de xxx. | ||
|  | ---> Sumar 123 a 456 da un resultado de 579. | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: O modo Substituír é como o modo Inserir, pero cada carácter escrito | ||
|  |       elimina un carácter xa existente. | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                      LECCIÓN 1.6.4: COPIAR E PEGAR TEXTO | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Utilice o operador  e  para copiar texto e  p  para pegalo. ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Mova o cursor á liña inferior marcada con ---> e posicione o  | ||
|  |      cursor despois de "a)".  | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Inicie o modo Visual con  v | ||
|  |      e mova o cursor xusto antes de "primeiro". | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Prema  e  para copiar («yank») o texto salientado. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Mova o cursor ao final da seguinte liña mediante:  j$ | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Prema  p  para pór (pegar) o texto. Despois escriba: o segundo <ESC>. | ||
|  | 
 | ||
|  |   6. Utilice o modo visual para seleccionar " elemento.", e cópieo con  y. | ||
|  |      Mova o cursor ao final da seguinte liña con j$  e pegue o texto | ||
|  |      xusto acabado de copiar con  p . | ||
|  | 
 | ||
|  | --->  a) este é o primeiro elemento. | ||
|  |       b) | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA: Tamén pode utilizar  e  como un operador:  yw  copia unha palabra, | ||
|  |       yy  copia a liña completa onde está o cursor; despois  p  pegará | ||
|  |       esa liña. | ||
|  |      | ||
|  |   | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                    LECCIÓN 1.6.5: ACTIVAR («SET») UNHA OPCIÓN | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Active unha opción para buscar ou substituír ignorando | ||
|  |   se o texto está en MAIÚSCULAS ou minúsculas ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Busque a cadea de texto 'ignorar' escribindo:  /ignorar <INTRO> | ||
|  |      Repita a busca varias veces pulsando  n . | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Active a opción 'ic' ("Ignore case" ou ignorar maiúsculas e minúsculas)  | ||
|  |      mediante:  :set ic | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Agora, busque de novo 'ignorar' pulsando  n . | ||
|  |      Observe que agora tamén se acha Ignorar e IGNORAR. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Active as opcions 'hlsearch' e 'incsearch' escribindo:  :set hls is | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Agora escriba de novo o comando de busca | ||
|  |      e vexa qué acontece:  /ignore <INTRO> | ||
|  | 
 | ||
|  |   6. Para inhabilitar ou ignorar a distinción entre MAIÚSCULAS e minúsculas      | ||
|  |      escriba:  :set noic | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA:  Para elimina-lo salientado das coincidencias escriba:  :nohlsearch | ||
|  | NOTA:  Se quere ignora-las MAIÚSCULAS e minúsculas, só para un comando | ||
|  |        de busca, utilice  \c  na frase:  /ignorar\c <INTRO> | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  | 			   RESUMO DA LECCIÓN 1.6 | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Escriba  o  para abrir unha liña por BAIXO da posición do cursor e  | ||
|  |      entrar en modo Inserir. | ||
|  |      Escriba  O  para abrir unha liña por RIBA da posición do cursor e | ||
|  |      entrar en modo Inserir | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  a  para inserir texto despois do cursor. | ||
|  |      Escriba  A  para inserir texto ao final da liña. | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. O comando  e  move o cursor ao final dunha palabra. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. O operador  e  copia («yank») texto;  p  pégao (pon). | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Ao escribir un  R  MAIÚSCULO, entra no modo Substituír ata que | ||
|  |      se preme  <ESC>  . | ||
|  | 
 | ||
|  |   6. Ao escribir  :set xxx , actívase a opción 'xxx'. | ||
|  |      Algunas opcións son: | ||
|  |   	'ic' 'ignorecase'	ignorar maiúsculas/minúsculas ao buscar | ||
|  | 	'is' 'incsearch'	amosa-las coincidencias parciais para | ||
|  |                                 a busca dunha frase | ||
|  | 	'hls' 'hlsearch'	salienta tódalas coincidencias da frases | ||
|  | 
 | ||
|  |      Pode utilizar tanto os nomes longos coma os curtos das opcions. | ||
|  | 
 | ||
|  |   7. Engada "no" para inhabilitar unha opción:   :set noic | ||
|  |   | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                           LECCIÓN 7: OBTER AXUDA | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Utilice o sistema de axuda en liña ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   O Vim dispón dun sistema de axuda en liña. Para comezar, probe unha | ||
|  |   destas tres formas: | ||
|  | 	- prema a tecla <AXUDA> (se dispón dela) | ||
|  | 	- prema a tecla <F1> (se dispón dela) | ||
|  | 	- escriba  :help <INTRO> | ||
|  | 
 | ||
|  |   Lea o texto na xanela de axuda para descubrir cómo funciona a axuda. | ||
|  |   Escriba  CTRL-W CTRL-W  para chimpar dunha xanela a outra. | ||
|  |   Escriba  :q <INTRO>  para pechar a xanela de axuda. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Pode atopar axuda en case calquer tema engadindo un argumento ao | ||
|  |   comando  :help . Probe estes (non esqueza premer <INTRO>): | ||
|  | 
 | ||
|  |   :help w  | ||
|  |   :help c_CTRL-D | ||
|  |   :help insert-index  | ||
|  |   :help user-manua | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                    LECCIÓN 1.7.2: CREAR UN SCRIPT DE INICIO | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Habilitar funcionalidades no Vim ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   O Vim ten moitas máis funcionalidades que o Vi, pero algunhas están | ||
|  |   inhabilitadas de xeito predeterminado. | ||
|  |   Para empezar a utilizar máis funcionalidades debería crear un arquivo | ||
|  |   chamado "vimrc". | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Comece a edita-lo arquivo "vimrc". Isto depende do seu sistema: | ||
|  | 	:e ~/.vimrc		para Unix | ||
|  | 	:e ~/_vimrc		para Windows | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Agora lea o contenido do arquivo "vimrc" de exemplo: | ||
|  | 	:r $VIMRUNTIME/vimrc_example.vim | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Garde o arquivo mediante: | ||
|  | 	:w | ||
|  | 
 | ||
|  |   A próxima vez que inicie o Vim, este usará o salientado de sintaxe. | ||
|  |   Pode engadir tódolos seus axustes preferidos a este arquivo "vimrc". | ||
|  |   Para máis información escriba  :help vimrc-intro | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |                           LECCIÓN 1.7.3: COMPLETADO | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   ** Completado da liña de comandos con CTRL-D ou <TAB> . ** | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Asegúrese de que o Vim non está no modo compatible:  :set nocp | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Vexa qué arquivos existen no directorio con:  :!ls  ou  :!dir | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Escriba o inicio dun comando:  :e | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Prema  CTRL-D  e o Vim mostrará a lista de comandos que empezan con "e". | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Engada  d<TAB>  e o Vim completará o nome do comando a ":edit". | ||
|  | 
 | ||
|  |   6. Agora engada un espacio e o inicio do nome dun arquivo:  :edit FIL | ||
|  | 
 | ||
|  |   7. Prema <TAB>.  Vim completará o nome (se só hai un). | ||
|  | 
 | ||
|  | NOTA:  O completado funciona con moitos comandos. Só prema CTRL-D ou | ||
|  |        <TAB>.  É especialmente útil para  :help . | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  | 			       RESUMO DA LECCIÓN 1.7 | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  |   1. Escriba  :help  ou prema <F1> ou <HELP> para abri-la xanela de axuda. | ||
|  | 
 | ||
|  |   2. Escriba  :help cmd  para atopar axuda sobre  cmd . | ||
|  | 
 | ||
|  |   3. Escriba  CTRL-W CTRL-W  para chimpar a outra xanela. | ||
|  | 
 | ||
|  |   4. Escriba  :q  para pecha-la xanela de axuda. | ||
|  | 
 | ||
|  |   5. Cree un ficheiro vimrc de inicio para garda-los sus axustes preferidos. | ||
|  | 
 | ||
|  |   6. Cuando escriba un comando  :  prema CTRL-D para ver posibles opcións. | ||
|  |      Prema <TAB> para utilizar unha das opcións de completado. | ||
|  | 
 | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  | 
 | ||
|  |   Aquí conclúe o tutor do Vim. Está pensado para dar unha visión breve do | ||
|  |   editor Vim, suficiente para permitirlle usa-lo editor de forma bastante | ||
|  |   sinxela. Está moi lonxe de estar completo pois o Vim ten moitísimos máis | ||
|  |   comandos. Lea o seguinte manual de usuario: ":help user-manual". | ||
|  | 
 | ||
|  |   Para lecturas e estudos posteriores, recoméndase o libro: | ||
|  | 	Vim - Vi Improved - de Steve Oualline | ||
|  | 	Editado por: New Riders | ||
|  |   o primeiro libro adicado completamente ao Vim. Especialmente útil para | ||
|  |   principiantes.  Ten moitos exemplos e imaxes. | ||
|  |   Vexa https://iccf-holland.org/click5.html | ||
|  | 
 | ||
|  |   Este tutorial foi escrito por Michael C. Pierce e Robert K. Ware, | ||
|  |   Colorado School of Mines utilizando ideas subministradas por Charles Smith, | ||
|  |   Colorado State University. | ||
|  |   E-mail: bware@mines.colorado.edu. | ||
|  | 
 | ||
|  |   Modificado para Vim por Bram Moolenaar. | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ | ||
|  |   Traducido do inglés ao galego por Fernando Vilariño. | ||
|  |   Correo electrónico: fernando@cvc.uab.es. | ||
|  | 
 | ||
|  | ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ |